Asociación Sociocultural ASCM iniciou a súa traxectoria en 1987 como unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade
+ 30
Anos de experiencia
+ 45
Persoas voluntarias
+ 1500
Persoas socias
+ 80
Empresas amigas
Se observas a realidade a través dos lentes da inclusión, quererás apoiar e participar!
A vontade da ASCM é a de prestar servizos e manter presenza, de xeito transversal, en distintos eidos da vida pública; loitando por acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade actual.
Asesoramento
Accesibilidade
Deporte Adaptado
Emprego e Formación
Transporte Adaptado
Voluntariado inclusivo
Cultura
Interxeneracional
Contribúe a mudar a nosa sociedade e a continuar o noso traballo en favor do colectivo das persoas con diversidade funcional.
Podes colaborar a través de diferentes vías:
As persoas doantes esixen un alto grao de información sobre as organizacións coas que colaboran. A intención de ASCM é amosar, de xeito claro, o esforzos realizados nas áreas nas que ten maior garo de experiencia, que a súa comunicación é fiable e non induce a erro ou que poden coñecer as contas anuais da entidade, entre outros indicadores.
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …