Realízase un importante esforzo de promoción da práctica do deporte adaptado
Desde ASCM realízase un importante esforzo de promoción da práctica do deporte adaptado na nosa Comunidade Autónoma, ao favorecer a autonomía e autorrealización persoal das persoas participantes. A entidade centraliza as actividades deportivas a través do club ADM.
ASCM promove as actividades deportivas desde unha dobre óptica:
- Como actividades lúdico-recreativas.
- Como actividades deportivas federadas.
Actividades deportivas máis destacadas
Podes consultar toda actualidade do deporte adaptado na comarca de Ferrolterra no blog especializado:
Outras prácticas deportivas:
- Surf.
- Vela.
- Tenis adaptado.
- Paddle en cadeira de rodas.
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …