Asociación Sociocultural ASCM iniciou a súa traxectoria en 1987
É unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade.
Ademais, a ASCM foi declarada como Entidade de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia no ano 2010.
«O Propósito da Convención das Nacións Unidas é promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais por todas as personas con discapacidade, e promover o respecto da súa dignidade inherente…» Art.1
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal o permanentemente… E porque é unha realidade que pode cambiar unha vida nun só intre: un accidente laboral, doméstico ou de tráfico poda mudar a nosa realidade e xeito de ver as cousas.

A Nosa Historia
Misión
Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, de xeito transversal; mellorando a súa calidade de vida.
Visión
- Ser axente innovador na inserción laboral de persoas con discapacidade.
- Aplicar enfoques novidosos, prácticos e sostibles que permitan acadar cambios sociais.
- Ser referente como punto de achegamento e participación inclusiva.
- Xerar unha actitude social comprometida.
- Avanzar na sostenibilidade financeira.
Valores
- Empatía
- Igualdade
- Inclusión Social
- Solidaridade
- Implicación
- Tolerancia

Distincións
O percorrido vital da entidade queda, ademais, reflectido a través de distintivos que recoñecen o seu labor en distintos eidos. Destacan:
ASCM Ferrol
ASCM Narón
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …