ASCM fomenta a práctica de actividades de carácter interxeneracional
A Asociación Sociocultural ASCM fomenta a práctica de actividades de carácter interxeneracional có obxectivo de favorecer un envellecemento activo e unha mocidade comprometida coa participación dos maiores na vida social.
A ASCM forma parte das entidades participantes do Encontro Interxeneracional que se celebra de forma anual no Concello de Narón. Asimesmo, desenvolve actividades en centros escolares e académicos, centros de día e de maiores, etc.
A ASCM mantén unha estreita colaboración coa Universidade da Coruña; participando conxuntamente en actividades de carácter interxeneracional.
Dentro da área de maiores, a ASCM desenvolveu, en colaboración coa Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, o proxecto Cenx100. Un libro fotográfico que recoñece a traxectoria vital de máis de cen centenarias e centenarios da nosa Comunidade Autónoma. O proxecto tivo unha gran acollida entre a poboación.
Na área de mocidade, destaca o labor de visibilización do colectivo en centros escolares e as actividades de sensibilización, orientadas a un maior entendemento e achegamento a cuestións chave no fomento da inclusión, entre a mocidade galega.
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …