DEPORTE ADAPTADO

Realízase un importante esforzo de promoción da práctica do deporte adaptado

Desde ASCM realízase un importante esforzo de promoción da práctica do deporte adaptado na nosa Comunidade Autónoma, ao favorecer a autonomía e autorrealización persoal das persoas participantes. A entidade centraliza as actividades deportivas a través do club ADM.

ASCM promove as actividades deportivas desde unha dobre óptica:

  • Como actividades lúdico-recreativas.
  • Como actividades deportivas federadas.

Actividades deportivas máis destacadas

Boccia

Natación

Os usuarios da ASCM gozan de clases de natación nas piscinas de Narón e o Bertón.

Tiro con Arco

ADM colabora xunto ao Concello de Ferrol e Arco Ferrol na organización de clases inclusivas de tiro con arco.

Ruta Turística ADM-ASCM

ADM e ASCM organizan unha Ruta Turística propia que está incorporada no circuíto do Open de Rutas Turísticas de Ferrolterra.

Baloncesto

O club de Baloncesto Basketmi promove a práctica de baloncesto en cadeira de rodas, entre a mocidade, a través das súas Escolas. Ademais participan, a nivel competición estatal, na Liga de Primeira División de Baloncesto Adaptado. Visita a súa web www.basketmi.com

Podes consultar toda actualidade do deporte adaptado na comarca de Ferrolterra no blog especializado:

DEPORTE ADAPTADO

Outras prácticas deportivas:

  • Surf.
  • Vela.
  • Tenis adaptado.
  • Paddle en cadeira de rodas.
image
image
image
image
image
image

Solicita máis información

A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …