ASCM conta cunha bolsa de emprego propia.
O obxectivo deste área é o de promover tarefas de orientación, procura e seguemento de emprego, análise do perfil laboral e orientación cara metas realistas; procurando unha intermediación entre as necesidades de persoal das empresas e os perfís laborais dos que dispoñemos e a cobertura das carencias formativas.
Asimesmo, a entidade ofrece ás asociacións de empresarios e comerciantes e a diversas empresas:
- Servizos de asesoramento.
- Difusión da existencia da bolsa de traballo.
- Información sobre subvencións.
- Incentivos e bonificacións pola contratación de persoas con discapacidade.
Desde ASCM procuran, ano tras ano, o mantemento do seu compromiso de mellora e aumento da formación e a empregabilidade entre o colectivo. A ASCM realiza unha difusión de accións formativas e ofertas de emprego a través do seu blog:
Se queres pasar a formar parte da nosa bolsa de emprego e/ou postular a algunha das vacantes existentes dentro da entidade, preme no botón e cubre o formulario.
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …