DEPORTE ADAPTADO

Servizos de Transporte Adaptado para cubrir as necesidades das persoas con mobilidade reducida

A ASCM ofrece servizos de transporte adaptado para cubrir as necesidades das persoas con mobilidade reducida. O financiamento para o desenvolvemento do servizo provén das administracións públicas.

O servizo préstase a través do Centro Especial de Emprego da entidade: ASCM Ferrolterra.

Moitas das nosas persoas usuarias son beneficiarias dun servizo que conta con diferentes utilidades: desprazamentos para a realización de trámites administrativos, asistencia a consultas médicas, traslado a centros especializados, asistencia a actividades, tanto deportivas coma de lecer.

Obxectivos do servizo

Fomentar a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida.
Garantir a escolarización do colectivo.
Dar cobertura a un servizo integral que o transporte público non abarca.
Atender as necesidades sociais das persoas que teñen dificultades de desprazamento.

Se estás interesada/o en acceder aos servizos de transporte adaptado, non dúbides en solicitar información.

logo-vector-concello-de-ferrol