As persoas doantes esixen un alto grao de información sobre as organizacións coas que colaboran. A intención de ASCM é amosar, de xeito claro, o esforzos realizados nas áreas nas que ten maior grao de experiencia, que a súa comunicación é fiable e non induce a erro ou que poden coñecer as contas anuais da entidade, entre outros indicadores.
ASCM forma parte das entidades acreditadas por Fundación Lealtad. Dentro dos seus Principios de Transparencia e Boas Prácticas da ASCM, as persoas interesadas poderán acceder ás memorias anuais da ASCM, aos estatutos, ao plan estratéxico da entidade, ao Plan específico de Voluntariado, ao código ético e de conducta (aplicado pola ASCM), aos membros da Xunta Directiva e a unha Canle de Denuncias aberta a ser empregada polas persoas sociais, persoal contratado e sociedade en xeral para comunicar de xeito fiable calquera problemática que poida producirse na relación coa ASCM.
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …