CONVENIOS

A colaboración cos concellos da comarca é estreita, especialmente cos concellos de Ferrol e Narón.

Asociación Sociocultural ASCM ten asinados diversos convenios de colaboración con diferentes entidades que representan un fluxo de ingresos fundamental no desenvolvemento das actividades da entidade.

No caso de Narón, a ASCM forma parte do Consello Sectorial da Muller e do Consello Territorial do Alto. Grazas ao convenio suscrito coa administración naronesa, a ASCM, presta servizos de información e asesoramento a persoas con discapacidade. Inclúese tamén no convenio a prestación de servizos de transporte adaptado.

O convenio con Ferrol inclúe os servizos anteriormente mencionados e, ademais, a realización de actividades para o fomento da autonomía persoal, obradoiros de actividades sociais, educación para persoas adultas, actividades de sensibilización social e promoción do voluntariado.

image
image
image
image
image
image
image
image

ASCM mantén unha relación constante cos representantes públicos da totalidade dos concellos da comarca e coa Deputación da Coruña.

En tanto o ámbito de actuación da entidade é de carácter autónomico, a ASCM mantén unha estreita colaboración coa Xunta de Galicia. A entidade participa desde o ano 2012 no programa de Voluntariado Dixital que lle permitiu integrarse coma Aliado Dixital no ano 2017.

A nivel estatal, a ASCM adheriuse en 2018 ao programa de voluntariado da Rede Reconoce; permitindo ampliar horizontes e continuar sumando capacidades, recursos e iniciativas. Acadando, así, un efecto multiplicador das actuacións levadas a cabo.

Empresas Amigas da ASCM

Empresas Amigas ASCM é un programa de colaboración baseado na consecución de acordos de colaboración polos que as empresas ofrecen aos nosos socios determinadas vantaxes ou descontos.

Existen numerosas posibilidades de colaboración:

Realizar actividades

Realizar actividades de voluntariado corporativo.

Patrocinios

Descontos e/ou Promocións

Ofrecendo descontos e/ou promocións aos socios da ASCM.

Facendo socia á túa empresa

Podes facer socia á túa empresa realizando unha achega económica regular ( 30 euros ao ano).

Destina unha porcentaxe das vendas a Socios da ASCM

Financiar as actividades levadas a cabo nun proxecto concreto.

Apoia a ASCM con prestacións de servizos

Ofrecendo produtos ou servizos de forma gratuíta ou a un custo reducido.

Medidas Alternativas a través do Centro Especial de Empleo

Se a túa empresa ten 50 ou máis traballador@s podes acollerte ás Medidas Alternativas a través da nosa asociación o Centro Especial de Empleo.

Aportación económica regular

Realizando unha aportación económica regular.

A ASCM realiza unha difusión periódica da actividade das Empresas adscritas ao programa de Empresas Amigas, a través das súas redes sociais e do blog especializado en Empresas Amigas.

Asociación Sociocultural ASCM ten vontade de colaborar coas diferentes esferas da sociedade actual.

A Asociación Sociocultural ASCM, en tanto entidade de Utilidade Pública, ten vontade de colaborar, de xeito transversal, coas diferentes esferas da sociedade actual.

Se como empresa, entidade, centro académico, cultural, etc. estás interesado en realizar algunha actividade de sensibilización ou concienciación, en materia de diversidade, no dúbides en contactar connosco. Estaremos encantados de fomentar unha cultura colaborativa, baseada nas sinerxias e no entendemento.

Solicita máis información

A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …

logo-vector-concello-de-ferrol