SOBRE NÓS

Asociación Sociocultural ASCM iniciou a súa traxectoria en 1987

É unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade.

Ademais, a ASCM foi declarada como Entidade de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia no ano 2010.

«O Propósito da Convención das Nacións Unidas é promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais por todas as personas con discapacidade, e promover o respecto da súa dignidade inherente…» Art.1

A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal o permanentemente… E porque é unha realidade que pode cambiar unha vida nun só intre: un accidente laboral, doméstico ou de tráfico poda mudar a nosa realidade e xeito de ver as cousas.

image

A Nosa Historia

1987

Nace a Asociación Sociocultural ASCM.

1988

Crea o primeiro Centro Especial de Emprego da Comarca.

1992

Elabora a primeira guía de accesibilidade do Concello de Ferrol.

1994

Inscríbese no Rexistro Único de Entidades prestadoras de Servizos Sociais, a nivel Autonómico (Núm de Rexistro: E0008). A ASCM pon en marcha o seu servizo de transporte adaptado.

1997

Celébrase a I Edición do “Premio Carro de Prata”, organizado pola ASCM.

2002

Rexístrase coma Entidade de Acción Voluntaria. (Núm de inscrición: O-35).

2004

Inaugura a súa Delegación no Concello de Narón.

2005

Crea o premio á "Persoa Voluntaria do Ano".

2010

Declarada Entidade de Utilidade Pública pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

2017

Adquire ámbito xeográfico autonómico. Ángel Gárate é nomeado Presidente de Honor.
PLAN ESTRATÉXICO

Misión

Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade fomentando a súa participación de forma activa.

Visión

  • Ser un referente innovador de participación inclusiva.
  • Aplicar enfoques eficientes que logren cambios sociais.
  • Avanzar na sustentabilidade financeira.
  • Potenciar o compromiso social dos grupos de interese.

Valores

  • Empatía
  • Igualdade
  • Inclusión
  • Solidaridade
  • Implicación
  • Tolerancia
image

Distincións

O percorrido vital da entidade queda, ademais, reflectido a través de distintivos que recoñecen o seu labor en distintos eidos. Destacan:

2012

A Insignia de Ouro "Cidade de Ferrol" no 2012.

2013

O VI Premio Solidario Cidade de Ferrol co proxecto "Peciños".

2013

Diploma de Honor nos Premios "Romper Barreras" con "Abre tu mundo".

2014

Mención Especial na mostra "Cinema e Sociedade".

2013 e 2017

Premio "XX Certame Candilejas Don Bosco".

2018

Premio de honra no "XXI Certame de teatro escolar e afecionado da Deputación da Coruña".

2019

Premio Ártabro de Ayuda a los demás
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL

ASCM Ferrol

ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL

ASCM Narón

Solicita máis información

A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …