ASESORAMENTO
Vantaxes e outras medidas de apoio existentes para persoas con discapacidade
O obxectivo principal deste departamento é o de ofrecer información ás socias e socios sobre as vantaxes e outras medidas de apoio existentes para persoas con discapacidade. Algúns dos ámbitos de información destacados son:
- Información de ámbito xeral.
- Recoñecemento, declaración e calificación do grao de discapacidade.
- Beneficios fiscais.
- Prestacións económicas, sociais e sanitarias, ás que poden acceder as persoas con mobilidade reducida.
- Adaptacións no fogar.
- Información sobre subvencións e axudas de organismos públicos.
- Información relativa a aspectos xurídicos.
- Información sobre trámites administrativos.
Cada un dos departamentos que conforman a unidade de información e asesoramento da ASCM están encargadas de facer seguementos, resolver dúbidas ou solucionar problemas que poidan xurdir aos demandantes do servizo.
Solicita máis información
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, …